InicioEconomíaA comisión de seguimento de Alcoa reúnese este xoves co prezo do...

A comisión de seguimento de Alcoa reúnese este xoves co prezo do gas no punto de mira

O primeiro encontro desta comisión produciuse en decembro de 2021 e foi manténdose con periodicidade mensual ata xullo.

Publicada o

- Advertisement -

A comisión de seguimento de Alcoa San Cibrao reúnese este xoves, a partir das 12,00 horas, na sede do Ministerio de Industria. “Esperamos saber como están realmente os investimentos, cales van avanzando e cales se executaron”, destaca o responsable do comité de empresa, José Antonio Zan, en declaracións a Europa Press.

O primeiro encontro desta comisión produciuse en decembro de 2021 e foi manténdose con periodicidade mensual ata xullo (en agosto non foi convocada). Zan tamén apunta ás PPA (acordos de enerxía renovable a longo prazo), xa que os traballadores queren “saber se a Xunta xa nomeou a excepcionalidade” para a de Greenalia e “como van” as de Endesa e Capital Energy.

A maiores, sinala ao investimento do DBR para coñecer “se esa ampliación e esa licitación que sacou a Xunta a informe público tamén vai para adiante”. Pero, por último, recalca que o seu obxectivo é que o Goberno central “diga que plans de acción” contempla “e a canto vai deixar o prezo do gas para a planta de alúmina”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...