InicioOccidentalCervoCervo celebra esta fin de semana a súa festa parroquial na honra...

Cervo celebra esta fin de semana a súa festa parroquial na honra da Virxe das Dores

O sábado 24 haberá sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá á noite na verbena e a continuación estará a disco móbil Conxuro.

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o membro da Comisión de Festas, Juan José Pardo, presentaron o evento este mediodía na Praza do Souto.

A cita comezará o sábado 24 coa sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá na verbena pola noite seguida da disco móbil Conxuro.

Xa o domingo 25 haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión, seguida da sesión vermú que protagonizará Fol do Raxal. Repitirá a Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...