InicioOccidentalCervoMáis de corenta nenos e nenas participaron en Cervo no programa...

Máis de corenta nenos e nenas participaron en Cervo no programa de teatro do Concello

A actividade foi impartida por Blanca Dacal, artista plástica e escénica, que cursou os seus estudos na Real Escola de Arte Dramático de Madrid.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, programou para este verán unha actividade de teatro dirixida ás crianzas que tivo un gran éxito de participación.

Así, tal e como explicou Caramés, participaron máis de 40 nenos/as, entre os que asistiron diariamente ao programa Cervo Concilia e os que se anotaron como actividade independente a través dos enredos de verán.

A actividade foi impartida por Blanca Dacal, artista plástica e escénica, que cursou os seus estudos na Real Escola de Arte Dramático de Madrid.

Tal e como apuntou Caramés, “a experiencia foi moi positiva para os nenos que traballaron a creatividade infantil a través da expresión artística e compartiron xornadas, nas que se divertiron aprendendo”.

Dacal explica que nas sesión traballou a expresión corporal, o movemento ou a voz, de xeito grupal e individual, “cada neno e nena ten un talento que moitas veces queda oculto, e eu ofrézolles as ferramentas expresivas para sacalo e que cada un sexa capaz de crear por si mesmo”.

Como despedida do curso realizaron un espectáculo de variedades no que cada neno, ante o público, amosou as súas habilidades máis “teatreiras” como mago, monologuista, equilibrista ou bailarín.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...