A parroquia cervense de San Román celebrará as súas festas da Virxe do Pilar en outubro

Os diferentes actos previstos foron presentados polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.


A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 7 ao 12 de outubro.

Os diferentes actos previstos foron presentados polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o venres 7 co SanroDance 2022, que terá lugar a partir das 23:00 horas no Pavillón de San Román e que contará coa participación dos DJs Marcos Peón (Hermo) e David Expósito (Radio Líder) ademais da Disco Móbil Conxuro.

O sábado 8 a verbena estará protagonizada polas orquestras Garibaldi e Charleston Big Band.

Xa o domingo 9, ás 13:15 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo na honra á Virxe do Carme; a continuación a sesión vermú estará protagonizada polo Dúo Estrellas.

Os actos rematarán o día 12, cunha misa solemne na honra á Virxe do Pilar, seguida de sesión vermú co Dúo Epo-k.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here