InicioOccidentalCervoAlfonso Villares presentou “Sendas de Burela, Cervo e Xove IX”, novo obradoiro...

Alfonso Villares presentou “Sendas de Burela, Cervo e Xove IX”, novo obradoiro de emprego que durará doce meses

O rexedor de Cervo destacou a importancia que ten neste caso a colaboración institucional que “nos permite impulsar este tipo de programas que contribúen enormemente a mellorar a empregabilidade dos participantes".

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, inaugurou esta mañá, acompañado polos seus homónimos de Xove e Burela, Demetrio Salgueiro e Alfredo Llano, respectivamente, o obradoiro de emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove IX”, que comeza hoxe, e que se prolongará, nesta ocasión durante 12 meses (ata o de agora eran 9 meses).

O Concello de Cervo é o que promove neste caso o taller compartido subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación de 503.987,00 euros, no que se formarán un total de 20 persoas desempregadas en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (no caso de Cervo e Xove) e en operacións auxiliares de revestimento continuos en construción (no caso de Burela).

Villares destacou a importancia que ten neste caso a colaboración institucional que “nos permite impulsar, grazas ao investimento da Xunta de Galicia, este tipo de programas que contribúen enormemente a mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación teórico-práctica de calidade da man de profesionais cualificados; os alumnos e alumnas, ademais de formarse e de realizar un traballo, grazas a estas actividades obterán un certificado de profesionalidade que lles permitirá ampliar as súas posibilidades no mercado laboral”, precisou.

Este tipo de cursos formativos –engade- “dotan aos participantes de ferramentas que lles permiten reforzar os seus coñecementos, e adquirir novas competencias nun oficio que ten proxección práctica na nosa zona e unha formación que pode impulsar tamén o emprendemento para poder iniciar os seus propios proxectos”.

O rexedor quixo destacar tamén o papel deste obradoiro á hora de contribuír a mellorar e acondicionar zonas verdes e diferentes espazos públicos municipais.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...