InicioOccidentalCervoNace o clube de atletismo Maderas Barcia que se presentará oficialmente o...

Nace o clube de atletismo Maderas Barcia que se presentará oficialmente o 13 de outubro en San Cibrao

De momento os adestramentos para iniciación serán os martes e xoves de 16,15 a 17,15 nas pistas de atletismo de San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

O Clube de Atletismo Maderas Barcia presentarase oficialmente o día 13 de outubro nas pistas de atletismo en San Cibrao, Cervo. O clube xa realizou a súa constitución como tal o día 14 de setembro de 2022. 

Este xoves o clube realizou a súa primeira fotografía institucional xunto ao alcalde de Cervo, Alfosno Villares e co concelleiro de Deportes, David Rodríguez.

Será o vindeiro xoves 13 de outubro cando fagan a foto de presentación oficial con todo o equipo, nas pistas de atletismo de San Cibrao ás 19 horas.

A idea central do Maderas Barcia é fomentar o Atletismo en exclusiva para os nenos, rapaces e adultos da comarca. A primeira directiva está formada por Patricia Calvo como presidenta, Rubén García como secretario, Jesús Baltar como tesoureiro, e como vocais Roberto González e Juan Luís Méndez.

De momento os adestramentos para iniciación serán os martes e xoves de 16,15 a 17,15 nas pistas de atletismo de San Cibrao.

Para máis info, no correo maderasbarciacervo@gmail.com ou no teléfono 686586000. Todos aqueles que vos queirades sumar ó proxecto podedes facelo no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdZ84maNeoTixUC-jL_aGWRAUBzWmwvTws4jXA-gy8a_PvRrA/viewform

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...