InicioOccidentalCervoCervo inviste case 50.000 euros para mellorar os accesos á urbanización de...

Cervo inviste case 50.000 euros para mellorar os accesos á urbanización de Río Cobo

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, achegáronse ata a zona para supervisar os traballos que comezaron esta semana e que están cofinanciados coa Xunta de Galicia que aporta algo máis de 22.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo destinará preto de 50.000 euros na mellora da accesibilidade e da seguridade en Río Cobo, en concreto na contorna da urbanización Vía Láctea.

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, achegáronse ata a zona para supervisar os traballos que comezaron esta semana e que están cofinanciados coa Xunta de Galicia que aporta algo máis de 22.000 euros.

Tal e como explicou Villares a obra contempla a renovación parcial da rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais- e a execución de novas beirarrúas, mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns.

Villares apuntou que se trata dunha actuación importante para este núcleo, “tentamos que as inversións públicas cheguen a cada recuncho do noso concello, dotándoo de servizos e infraestruturas que o fagan máis atractivo para vivir; traballamos decididamente para elo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...