InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo merca a finca anexa ao Museo Provincial do...

O Concello de Cervo merca a finca anexa ao Museo Provincial do Mar para a súa ampliación

Tal e como declarou o rexedor cervense, Alfonso Villares, “hoxe é un día importante para Cervo, porque conseguimos o obxectivo polo que levamos pelexando todos moitos anos”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo materializou este venres a compra da finca anexa ao Museo Provincial do Mar por un valor de 161.175 euros, máis 2.520 euros en concepto de pago á persoa arrendataria da propiedade que se inclúe na compra.

Deste hoxe mesmo, polo tanto, esta parcela situada en pleno centro de San Cibrao cuxa superficie total que é de 2.568  m² para a ser un ben municipal.

Tal e como declarou o rexedor, Alfonso Villares, “hoxe é un día importante para Cervo, porque conseguimos o obxectivo polo que levamos pelexando todos moitos anos”.

Con esta adquisición, o Concello de Cervo demostra con feitos -engadiu Villares- a súa firme aposta pola cultura e o patrimonio “porque entendemos que todo o ese inmenso legado patrimonial que agocha o Museo do Mar de San Cibrao, que atesoura o corazón da historia mariñeira da comarca, merece un espazo axeitado acorde á súa inmesa valía”.

Con este paso tan importante que demos hoxe seguimos nese obxectivo de dignificar toda esa herdanza mariñeira que merece ocupar un lugar privilexiado para a súa divulgación, “tamén por respecto aos nosos antepasados e a toda esa xente que contribuíu a engrandecer o fondo documental e histórico do Museo, o museo público do mar máis antigo de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...