InicioOccidentalCervoCervo acolle o campionato galego de velocidade de paddle surf esta fin...

Cervo acolle o campionato galego de velocidade de paddle surf esta fin de semana

O edil de Deportes, David Rodríguez tamén quixo desexarlle sorte aos participantes e convidar a todos, veciños e visitantes, "a que se acheguen nesa xornada ao Encoro de Riocobo e gocen desta competición e dunha contorna de luxo como é a que acolle esta proba”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acollerá este sábado, 5 de novembro, o Campionato Galego de Velocidade SUP no Encoro de Río Cobo.

A cita deportiva, que arrincará ás 10:30 horas,está organizada pola Federación Galega de Surf, en colaboración co Concello de Cervo, o club Deportivo San Ciprián e a Xunta de Galicia.

A proba mixta congregará a uns 60 deportistas nas categorías elite, sub-18, sub-16 e sub-14 que terán que completar un percorrido total de 1000 metros.

Ao remate, está prevista tamén unha proba do circuíto galego de SUP Race que se desenvolverá nun circuíto triangular ao que os deportistas terá que dar 4 voltas, ata completar a distancia de 6 quilómetros. A entrega de trofeos está prevista para as 15:00 horas.

O rexedor, Alfonso Villares, destacou as múltiples posibilidades deportivas que ofrece o Concello de Cervo, e a “versatilidade” do Encoro de Río Cobo que nos permite acoller a primeira proba destas características na provincia.

Pola súa banda, o edil de Deportes, David Rodríguez tamén quixo desexarlle sorte aos participantes e convidar a todos, veciños e visitantes, a que se acheguen nesa xornada ao Encoro de Riocobo e gocen desta competición e dunha contorna de luxo como é a que acolle esta proba”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...