InicioOccidentalCervoO CEIP de Cervo máis inclusivo grazas á colaboración do Concello colocando...

O CEIP de Cervo máis inclusivo grazas á colaboración do Concello colocando carteis con pictogramas e en braille

Para o alcalde de Cervo, Alfonso Villares: “trátase dunha actuación que nos fai especial ilusión, porque cumprimos o desexo de Lucía, alumna do centro, que se puxo en contacto con nós por medio dunha carta na que nos pedía colaboración “para que todos os nenos e nenas saiban onde están as aulas, a biblio ou os baños”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de adquirir carteis con pictogramas e en sistema braille que identifican os diferentes espazos do CEIP de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron no centro vendo in situ os paneis que xa están instalados e que contribúen a facer o centro máis inclusivo se cabe.

Villares quixo destacar que se trata dunha iniciativa marabillosa e que nos fai especial ilusión “porque cumprimos o desexo de Lucía Manchado, alumna do centro, que nos enviou unha carta na que nos pedía expresamente colaboración “para que todos os nenos e nenas saiban onde están as aulas, a biblio, os baños, o comedor…”.

A isto, o alcalde engade: “Moitas grazas Lucía pola túa sensibilidade, e encantados de poder contribuír a mellorar o voso xa extraordinario cole“.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...