InicioOccidentalCervoCervo colabora coa Asociación Saúde Mental A Mariña para mellorar a calidade...

Cervo colabora coa Asociación Saúde Mental A Mariña para mellorar a calidade de vida de persoas usuarias

A Administración local vén de facerlles entrega dunha axuda nominativa que se incrementa este curso ata os 20.000 euros “co obxectivo de contribuír a que poidan manter a calidade do servizo extraordinario que prestan”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron no Concello de Cervo á directora e ao presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, María José Novoa e Jorge Manchado, respectivamente, e fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 20.000 euros “para tentar contribuír a manter a calidade do servizo que prestan desde esta entidade, tanto ás persoas usuarias como ás familias”.

Esta axuda incrementouse en 5000 euros neste exercicio, pasando de 15.000 a 20.000 euros. Tal e como precisaron “a relación entre a dirección do centro e o Concello é moi fluída e estamos en permanente contacto para atender, na medida das nosas posibilidades as súas demandas, poñendo a disposición os medios humanos e materiais que requiren, sempre que nos é posible”.

O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o extraordinario traballo do seu cadro de persoal dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.

O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...