InicioOccidentalCervoRecibimento no CEIP de Cervo a oito profesores procedentes doutras comunidades no...

Recibimento no CEIP de Cervo a oito profesores procedentes doutras comunidades no programa “Agrupacións de Centros Educativos”

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, fixéronlles entrega dun pequeno obsequio de recordo do concello e convidáronnos a que desfrutaran da súa estancia estes días en Cervo.

Publicada o

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, achegáronse esta mañá ata o CEIP de Cervo, para participar no acto de benvida a 8 profesores procedentes dos CEIP Arias Montano (Badajoz), CEP Antonio de Ulloa (Cartagena) e do CEIP Doctor Juan Espino Sánchez (Las Palmas), que participan, co CEIP DE Cervo, no programa do Ministerio de Educación “Agrupacións de Centros Educativos”.
O recibimento tivo lugar na biblioteca do centro e Villares e Caramés fixéronlles entrega dun pequeno obsequio de recordo do concello e convidáronnos a que desfrutaran da súa estancia estes días no municipio.
O proxecto común, para o que resultou seleccionado o CEIP de Cervo, e que arrinca con estas xornadas de acollida de coordinación neste centro escolar, desenvolverase durante este curso e o seguinte, e ten entre os seus obxectivos favorecer a educación inclusiva e a innovación educativa, impulsando intercambios entre os centros.
O rexedor e a concelleira aproveitaron a ocasión para felicitar ao CEIP de Cervo por ser un  dos centros seleccionados para formar parte deste innovador programa “que vén engrosar o  nutrido currículo educativo deste colexio que é todo un referente no seu ámbito”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...