InicioOccidentalCervoCervo protagoniza a nova campaña de Lotería de Nadal presentada este xoves

Cervo protagoniza a nova campaña de Lotería de Nadal presentada este xoves

Baixo título “Tres Orquídeas” o anuncio que se emite desde hoxe mesmo, conta unha fermosa historia chea de xenerosidade que xira en torno ao Faro de San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo protagoniza a nova campaña de lotería de Nadal que se presentou este mesmo xoves e que se compón de tres historias, unha delas rodada no noso municipio.

Baixo título “Tres Orquídeas” o anuncio que se emite desde hoxe mesmo, conta unha fermosa historia chea de xenerosidade que xira en torno ao Faro de San Cibrao.

A gravación levouse a cabo durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro e entre as localizacións escollidas están o Faro da Atalaia, o Bar Aquelarre ou Efectos Navais Rubio.

Tal e como precisou Villares, “é un orgullo que o noso municipio fose o escollido para rodar un dos anuncios máis agardados do ano”. Desde o Concello tentamos facilitar na medida do posible a rodaxe –precisou- porque entendemos que é unha oportunidade protagonizar o spot por excelencia do ano. Temos que agradecer –por suposto- a comprensión e a colaboración da veciñanza neses días de gravación nos que se viu un pouco alterada a súa rutina diaria. A fortuna sorriunos ao ser escollidos para a rodaxe –engadiu- Pero por que non?…imos soñar ao grande…E a ver se o Gordo tamén se deixa caer por Cervo e facemos pleno este Nadal. Crucemos os dedos”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...