Cervo recibirá máis dun millón de euros da Xunta para a mellora da estrada das Quintas

"O noso obxectivo, pois, é semipeatonalizar o núcleo urbano de Cervo un proxecto ambicioso e importante, que redundará no ben común, en beneficio de toda a veciñanza" sinala o alcalde Alfonso Villares.

Casa do Concello de Cervo

A Xunta de Galicia compromete máis dun millón de euros para mellorar a estrada das Quintas, en Cervo -concretamente 1.025.015 euros. A Xunta procedeu a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Cervo e a Axencia Galega de Infraestruturas para este fin.

Villares quixo agradecer unha vez máis o compromiso e a sensibilidade da Xunta de Galicia con Cervo que nos vai permitir materializar nos vindeiros meses o proxecto polo que “levamos anos traballando desde este equipo de goberno que pasa por converter esta vía nunha especie de “variante” que nos permitirá mellorar a fluidez do tráfico, de xeito que tamén os peóns gañen en seguridade na vila”.

“O noso obxectivo, pois, é semipeatonalizar o núcleo urbano de Cervo un proxecto ambicioso e importante, que redundará no ben común, en beneficio de toda a veciñanza” sinala o alcalde Alfonso Villares.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here