InicioOccidentalViveiroCervo estrea en Lieiro un novo espazo para alimentar os gatos da...

Cervo estrea en Lieiro un novo espazo para alimentar os gatos da rúa por persoas autorizadas

A medida foi consensuada coa Asociación Protectora de Animais Coletiñas “buscando unha solución para reubicar a colonia que hai na zona para evitar problemas de convivencia no barrio”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, en coordinación coa Protectora de Animais Coletiñas, vén de habilitar un espazo para que as persoas autorizadas –neste caso as persoas que integran a protectora- alimenten á colonia de gatos que hai na zona da Galiñeira, en Lieiro.

Villares explicou que esta foi a solución que buscamos, en consenso con Coletiñas, para “tentar reubicar esa colonia nun lugar afastado das vivendas, para tentar así evitar problemas de convivencia no barrio”.

Desde o Concello de Cervo, fan un chamamento á colaboración veciñal para que se respecte este sistema de alimentación establecido pola protectora, “porque é a forma de conseguir un equilibrio na convivencia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...