O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, respectivamente, desprazáronse ata Río Cobo, para manter un encontro coa veciñanza da urbanización Vía Láctea, onde se está a executar unha obra cuxo orzamento está próximo aos 50.000 euros.
Tal e como lles explicou Villares, con esta actuación buscamos “mellorar a accesibilidade e a seguridade na zona”; contemplamos “a renovación parcial da rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais– e a execución de novas beirarrúas, mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns”
Durante a reunión, na que participaron tamén os técnicos responsables da obra, fíxose un percorrido por toda a zona afectada pola actuación –que xa se está a executar- e que suporá unha mellora importante para toda esta zona residencial do municipio.