Cervo inviste case 35.000 euros para melloras na rúa Beiramar en San Cibrao

A actuación supón un orzamento de preto de 35.000 euros-33.385 euros concretamente, financiados integramente con fondos municipais.


O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata San Ciprián, para supervisar a actuación de mellora do firme da Rúa Beiramar, no centro da vila.

A actuación supón un orzamento de preto de 35.000 euros-33.385 euros concretamente, financiados integramente con fondos municipais e responde ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here