Dosinda Eijo Quelle, outra veciña de Cervo que chega aos 100 anos

Con esta xa son tres os veciños centenarios en Cervo.


O rexedor cervense, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse ata o Centro de Día Residencia para darlle os parabéns á nosa veciña, Dosinda Eijo Quelle, que vén de cumprir 100 anos.

Como mostra de cariño, fixéronlle entrega dun ramo de flores. Desde o Concello desexaron moitos parabéns para Dosinda e a súa familia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here