Cervo participa no Pacto de Alcaldías polo Clima representando os concellos de menos de 5.000 habitantes


O rexedor, Alfonso Villares, participou na xornada sobre o Pacto das Alcaldías polo clima e a enerxía que se celebrou en Santiago da man da consellería de Medio Ambiente.

Villares, en representación dos concellos de menos de 5000 habitantes, explicou as diferentes medidas de adaptación postas en marcha en Cervo e que se enmarcan neste Pacto como son, por exemplo:

Plan integral de reforestación con especies autóntonas de fincas municipais Campaña de compostaxe doméstica. Control ecolóxico de especies invasoras. Sistema de depuración con plantas macrófitas. Campañas de sensibilización ambiental. Xeolocalización de colectores. Sendeiro Azul do Torno. Medidas de eficiencia enerxética en espazos e edificios públicos.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinala que “moitas das medidas que implantamos nos últimos anos en Cervo teñen relación coa adaptación ao cambio climático e o seu fío condutor é a a protección da biodiversidade, pero teñen implicacións na resiliencia fronte a outras ameazas do cambio climático ou na mitigación das emisións”

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here