InicioOccidentalCervoCervo programa unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra...

Cervo programa unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Durante esta semana iluminaranse de morado os diferentes edificios públicos, cor que simboliza a loita contra a violencia cara as mulleres.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), coa asoc. Saúde Mental A Mariña e co CEIP de Cervo, programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Así, ese mesmo venres 25, ás 11:00 horas está prevista unha andaina que partirá da unidade residencial da asoc. Saúde Mental A Mariña, á que se incorporará o alumnado do CEIP de Cervo, e que rematará na Casa do Concello onde unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha muller vítima de violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio.

Como actividade complementaria o propio CEIP de Cervo interpretará un tema en linguaxe de signos dedicado a todas as vítimas da violencia de xénero.

Xa pola tarde, ás 18:30 horas, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, procederá a descubrir un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, e que ela mesma acondicionou en memoria de todas as mulleres vítimas desta lacra.

A continuación, ás 19:00 horas están previstas dúas representacións teatrais no auditorio a cargo da Asociación Saúde Mental A Mariña baixo o título “teatro contra el bulllyng: eres único” e do grupo de teatro Ardora “vítimas da desigualdade”.

A maiores, durante esta semana iluminaranse de morado os diferentes edificios públicos, cor que simboliza a loita contra a violencia cara as mulleres.

Desde o Concello de Cervo convidan a sumarse ás diferentes iniciativas programadas e que nacen da colaboración entre diferentes colectivos do municipio que comparten un mesmo obxectivo de rexeitar radicalmente a violencia machista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...