O alcalde de Cervo lamenta que a FEGAMP queira facer público o informe sobre financiamento local antes de debatelo

Villares puxo como exemplo o caso de Cervo, “que recibe do Estado unha contía irrisoria que apenas chega para sufragar o 30% do incremento do gasto do día a día que estamos abocados a soportar desde as administracións locais”.

Alfonso Villares, alcalde de Cervo. AXM

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que “lamentamos as présas da FEGAMP por facer público o informe do financiamento dos concellos sen o debate e a análise previa no propio seo do organismo e coa administración autonómica”.

O vicepresidente primeiro da Fegamp apunta que o problema máis urxente para as entidades locais, tal e como me trasladan moitos alcaldes e alcaldesas, “é a inflación desbocada que non se dá controlado e que pon a economía dos concellos -sobre todo dos máis pequenos- contra as cordas”

Villares puxo como exemplo o caso de Cervo, “que recibe do Estado unha contía irrisoria que apenas chega para sufragar o 30% do incremento do gasto do día a día que estamos abocados a soportar desde as administracións locais”.

O rexedor cervense apunta que os gastos do día a día dos concellos están disparados “e o diñeiro que nos transfire o Estado non chega, nin por asomo, para afrontar esta realidade que oprime as arcas municipais”.

Villares puxo como exemplo as cifras do municipio que goberna, e que se poden extrapolar a calquera concello galego, “o que recibimos do Estado é unha contía irrisoria que non nos chega nin para comezar a sufragar o incremento, por exemplo, do gasto estimado en persoal, electricidade ou combustible”.

Este incremento cifrase en Cervo, este ano, en 316.524 euros –engade- dos cales o Estado sufraga 100.000 euros, unha contía que, evidentemente, “está moi lonxe de aliviar esta situación que asfixia, sobre todo, aos municipios pequenos”, subliñou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here