Cervo celebra unha Xornada sobre a Semana de Prevención de residuos este xoves

Neste encontro, contarase tamén coa intervención de representantes doutros entes locais que xa teñen instaurada, de forma exitosa, a recollida específica do quinto contedor para que compartan cos asistentes os seus coñecementos, bagaxe e experiencias.

Casa do Concello de Cervo

O Concello de Cervo celebra a xornada sobre Semana Prevención, enmarcada na Semana Europea da Prevención de Residuos 2022 e promovida por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, preténdese dar a coñecer a normativa vixente relativa á implantación da recollida diferenciada da materia orgánica a través dun novo contedor, de cor marrón, así como a operativa a seguir polos concellos que se atopan baixo a área de influencia da futura planta de biorresiduos de Cervo.

Neste encontro, contarase tamén coa intervención de representantes doutros entes locais que xa teñen instaurada, de forma exitosa, a recollida específica do quinto contedor para que compartan cos asistentes os seus coñecementos, bagaxe e experiencias.

Todo isto será na Casa da Cultura de Cervo co seguinte programa:

10:30 h. Inauguración a cargo da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibiilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos, que estará acompañada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez.

10:45 h. Palabras de benvida do alcalde de Cervo.

10:50 h. I Bloque: normativa, operativa e tratamento de FORSU. · Representante da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia para falar do marco normativo de referencia e operativa a desenvolver polos concellos. · Técnico de Sogama para dar a coñecer o tratamento que se dispensará á fracción orgánica na planta de biorresiduos de Cervo

11:45 h. Pausa-Café

12:05 h. II Bloque: experiencias prácticas · Portavoz do Concello de Carballo · Portavoz do Concello de Laracha

12:45 h. Quenda de preguntas 13:00 h. Visita guiada ás obras da planta de biorresiduos de Cervo

13:30 h. Fin da xornada

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here