InicioOccidentalCervoAlfonso Villares continúa á fronte do PP de Cervo cunha xunta directiva...

Alfonso Villares continúa á fronte do PP de Cervo cunha xunta directiva que combina “experiencia e xuventude”

Alfonso Villares Bermúdez insiste en que enfronta o novo período como presidente do PP local con humildade e moitas ganas de traballar. E

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez repite na presidencia do PP de Cervo como resultado do congreso celebrado esta mañá polo Partido Popular desta localidade da montaña lucense, cunha candidatura única. Ao congreso asistiron, entre outros membros da dirección provincial, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal. Dende a dirección provincial sinalan que o partido actualízase e refórzase de cara ás eleccións municipais, para conseguir de novo o goberno municipal, pero con resultados aínda mellores que nas anteriores eleccións locais.

A dirección popular que sae deste congreso e ampla e moi representativa. Villares explica que “é unha lista aberta a todos os que queiran traballar por Cervo, integramos novas persoas que se integran ao noso proxecto político onde se conxuga experiencia e xuventude”. Así, a xunta directiva estará composta por integrantes con ganas de traballar por Cervo cun proxecto político sólido con máis de 20 anos co apoio e as confianzas dos veciños.

Villares Bermúdez insiste en que enfronta o novo período como presidente do PP local con humildade e moitas ganas de traballar. E afondando na escoita activa cos veciños, para coñecer as inquietudes e os problemas reais a través da proximidade. Desta maneira o grupo popular quere devolver con resultados e solucións o apoio e a confianza de todos os veciños da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...