InicioEconomíaO SLG denuncia que explotacións agrarias da Mariña quedarán sen apoios económicos...

O SLG denuncia que explotacións agrarias da Mariña quedarán sen apoios económicos da PAC que recibían até este ano

Segundo o SLG, a Consellería de Medio Rural (CMR) decidiu que no próximo período da PAC (2023-2027) non vai pagar a axuda para Zonas con Limitacións Naturais (ZLN) en todos os concellos de Galicia clasificados como “distintos aos de montaña”, que si a viñan percibindo até o de agora.

Publicada o

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego denuncia que miles de explotacións labregas de toda Galicia ficarán sen un apoio económico contemplado na PAC que viñan percibindo até agora. Denuncian que as axudas que se eliminarán teñen como obxectivo precisamente evitar abandono de terras agrarias

Segundo o SLG, a Consellería de Medio Rural (CMR) decidiu que no próximo período da PAC (2023-2027) non vai pagar a axuda para Zonas con Limitacións Naturais (ZLN) en todos os concellos de Galicia clasificados como “distintos aos de montaña”, que si a viñan percibindo até o de agora. “É a primeira vez, despois de moitos anos, que nos atopamos cunha exclusión intencionada, por parte do conselleiro José González Vázquez, dunha axuda que leva anos chegando ás granxas”.

Para o SLG é sorprendente que a Consellaría do Medio Rural, “nun dos momentos máis críticos para os sectores agrario e gandeiro por mor da suba de custos de produción, decida impedir que milleiros de granxas galegas podan acceder a unha axuda á que teñen dereito dentro da Política Agraria Común (PAC)”. De feito, fronte a esta exponencial suba “hai administracións que xa procuraron apoiar unha cuestión tan esencial como é a produción de alimentos con programas de axuda ás granxas e producións primarias”.

Xa no periodo de consultas sobre a PAC, dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) trasladamos á Consellaría do Medio Rural que, dado o seu destacado aporte na preservación da actividade gandeira en zonas con limitacións físicas, resultaba prioritario o mantemento das axudas a zonas con limitacións naturais e zonas con outras limitacións. “A función deste orzamento é distinto ao resto das axudas da PAC, xa que teñen como obxectivo principal evitar o abandono de terras en determinadas zonas, supoñendo un instrumento específico de mantemento da actividade agraria e gandeira”.

De xeito concreto na comarca da Mariña, esta restrición nas axudas públicas percibidas polas labregas e labregos implicará que 291 explotacións non van percibir esta axuda que en 2021 alcanzou a cifra global de 276.575,24 euros.

Desde SLG esixen á Consellaría do Medio Rural que corrixa inmediatamente esta medida e non pervirta o verdadeiro obxectivo destes orzamentos públicos, respectando unha función tan esencial como é axudar a garantir a produción agroalimentaria, e fixar poboación, nas zonas con limitacións naturais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...