InicioOccidentalCervoNova edición de Cervo Concilia polo Nadal para crianzas de entre 3...

Nova edición de Cervo Concilia polo Nadal para crianzas de entre 3 e 12 anos

As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Cibrao e na Casa do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, “sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, tal e como apunta a edil de Educación, Dolores García Caramés.

As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Cibrao e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro e as prazas son limitadas. O programa estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...