InicioOccidentalCervoAlumnado de infantil e primaria de Cervo asisten ás IV Xornadas de...

Alumnado de infantil e primaria de Cervo asisten ás IV Xornadas de Prevención de Incendios

As xornadas, promovidas en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), teñen lugar este mércores e xoves, no CEIP Península da Paz e no CEIP de Cervo, respectivamente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo organiza, en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) as IV xornadas de prevención de incendios dirixidas ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

O acto inaugural tivo lugar esta mesma mañá ás 10:00 horas no CEIP Península da Paz, e contou coa participación do rexedor, Alfonso Villares, do responsable do GES, Mario Antuña, do vicepresidente da APTB José Manuel Ferreira, e en representación da Fundación MAPFRE, José María Rañón e Jacinta Cociña.

A actividade, na que participou todo o centro –máis de 150 alumnos divididos en tres quendas- desenvolveuse de 10:00 a 14:00 horas.

Programáronse talleres de primeiros auxilios, instalouse a casiña de fume para explicar aos nenos os protocolos a seguir ante unha alerta por lume no centro, impartíronse charlas coas recomendacións a seguir en caso de incendio, proxectáronse vídeos sobre autoprotección escolar, e houbo tamén exposición de medios de extinción, no pavillón do centro.

Trátase dunha actividade didáctica dirixida ao alumnado dos colexios de Cervo co obxectivo de que “aprendan a identificar os riscos que poden presentarse na súa contorna e adquiran os coñecementos necesarios para poder actuar en caso de emerxencia”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares, que fixo unha valoración moi positiva destas xornadas. Mañá a actividade trasladarase ao pavillón do CEIP de Cervo e sumarase tamén o colexio ao completo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...