InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo xa ten a titularidade das dúas edificacións da...

O Concello de Cervo xa ten a titularidade das dúas edificacións da Atalaia que “permitirá recuperar toda a contorna”

A administración local vén de adquirir por medio dunha poxa pública a parcela e o esqueleto por un valor de 9.997,85 euros “completando así un longo e complexo proceso administrativo que foi a teima deste equipo de goberno nos últimos anos”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo é xa o titular das dúas edificacións que están situadas na zona da Atalaia logo dun “longo e complexo proceso que culmina agora” coa adquisición, por medio dunha poxa pública, do esqueleto e da finca de 1.658,42 m2 na que foi levantado no ano 2007.

Así o anunciou o rexedor, Alfonso Villares, quen amosou a súa ledicia e a de todo o equipo de goberno por poder, por fin, cumprir o obxectivo que levamos moitos anos perseguindo “de recuperar e poñer en valor o xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia, reparando toda a panorámica da zona”. tendo en conta que o edificio que está ao seu carón é xa de titularidade municipal desde o ano 2021 “cando materializamos a compra”.

Con respecto ao esqueleto, Villares recordou, que o edificio xunto cos terreos, saíu a poxa logo dos trámites administrativos realizados desde o Concello o que permitiu chegar a esta situación. Un camiño que non foi nada sinxelo de percorrer –explica- e que nos fai retrotraernos varios anos atrás, “no 2019 iniciouse un informe técnico de reposición da legalidade, que desembocou en tres multas coercitivas; por un valor total de 13.000 euros; e entremedias aprobouse tamén o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia”. Todos estes pasos previos permitíronnos chegar agora a esta situación tan favorable de ser o Concello de Cervo o titular da estrutura e da parcela na que foi levantada no ano 2007, e que pretendía albergar 42 vivendas, con garaxes e rochos, en 7 niveis diferentes.

Ao ser xa municipais tanto o edificio como o esqueleto, agora desde o Concello “estamos intentando axilizar ao máximo os trámites” para acabar co feísmo paisaxístico nesta zona; de feito –apunta Villares- xa se fixo a acta de replanteo da obra para acondicionar unha praza neste barrio da Atalaia coa presencia da empresa adxudicataria, dos directores de obra e do persoal da Xunta de Galicia.

Cabe recordar, que esta actuación está enmarcada no plan Hurbe da Xunta de Galicia que xa adxudicou o proxecto por un importe que supera os 400.000 euros, financiado ao 70% pola Administración autonómica e o 30% restante polo Concello de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...