O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda con numerosos eventos e actividades para todo tipo de públicos en colaboración coas diferentes asociacións do municipio.
A programación de Nadal arrinca este mesmo sábado 10 de decembro co belén de plastilina, ás 12:00H na Casa do Concello e ás 17:00 horas na Casa da Cultura en San Ciprián, para todos aqueles que queiran colaborar na súa elaboración.
O próximo sábado 17 de decembro entre as 11:00 e as 20:00H celebrarase o III Mercado de Nadal, organizado na Praza do Souto en Cervo da man de Cabaliño de Pao e A Morena.
O deporte volve a estar presente da man do XIV Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, que terá lugar o domingo 18 de decembro ás 11:00H no pavillón da Veiga. Ese mesmo día pola mañá, un pasarrúas recorrerá San Ciprián a cargo do grupo Dambara de Burela. O 22 de decembro o mesmísimo Papá Noel estará de visita nos dous colexios e na Escola Infantil.
O venres 23 de decembro os nenos poderán desfrutar do tren infantil na Praza dos Campos, entre as 12:00 e as 18:00 horas, e ás 21:00H, rematará a xornada cun concerto de jazz na mesma praza. Con motivo especial das festas de Nadal, o sábado 24 de decembro levarase a cabo en Cervo a Noiteboa infantil, organizada pola asocicación Fervenza de Sargadelos.
O luns 26 ás 17:00H, de novo os nenos contarán cunha Festa Acuática na piscina de Lieiro e, as 21:00H na Praza do Souto, dará comenzo a actuación da banda Superglú, o primeiro dos concertos de O Son do Nordeste pre-callofest organizados por Amigos da Troula e o Concello de Cervo.
A xornada do martes 27 arranca coa chegada ao municipio do Lásertag, unha novidosa actividade dispoñible para todo aquel que se achegue ao pavillón de San Cibrao, e rematará ás 21:00H na Praza dos Campos co concerto Pre-Callofest de Os Botafumeiros.
A arte dos malabares terá cabida nesta programación de Nadal o mércores 28 de decembro da man de Fran Boza e o seu show Malabaridades ás 18:30H na Praza do Souto. Á noite, na Praza dos Campos, os presentes desfrutarán da música de Joni Ramos&Sunday Morning Club, no marco dos concertos pre-Callofest que dará comenzo as 21:00H. O xoves 29 terá lugar a actuación Clowntamination da man de Rudi Rudi ás 18:30H e, a partir das 21:00H, o concerto da banda The Lazy Bones na Praza dos Campos.
O Callo Fest regresa á programación por todo o alto o venres 30 de decembro da man de Amigos da Troula. Os presentes poderán desfrutar na Praza dos Campos de racións de callos e despedir o ano ao ritmo de rock coas actuacións de diferentes grupos e ata un tributo á banda Linkin Park.
O sábado 31 de decembro terá lugar o tradicional brindis no local social de Trasbar, organizado pola asociación de veciños do Burgo de Trasbar, de 19:00 a 20:30 horas. A noitevella rematará tras a festa de fin de ano na carpa da Praza dos Campos á 01:30H.
Os nenos darán a benvida ao ano novo o luns 2 de xaneiro coa colchoneta Tubby, na Praza dos Campos, e rematarán a tarde coa historia Futura de Nadal, do contacontos de Rilo & Penadique na Praza do Souto. Poderán repetir na colchoneta tamén o 3 e o 4 de xaneiro e, para quenes queiran seguir desfrutando da música nestas festas, ás 21:00H dese 3 de xaneiro terá lugar o concerto da banda The Versionettes, na Praza do Souto.
O mércores 4 de xaneiro, na Praza dos Campos ou no Auditorio, en funcion do tempo, terá lugar a Gala de Nadal ás 20:00H. Os Reis Magos, como non podería ser doutro xeito, teñen tamén moito protagonismo nesta programación. O 5 de xaneiro, como xa é tradición, levaránse a cabo as cabalgatas en San Cibrao e Cervo, organizadas polo Concello de Cervo e Airiños do Xunco.
O sábado 7 de xaneiro, as 12:30H habera un espectaculo musical infantil na Praza do Souto e, -de novo da man de Airiños do Xunco- representarase a obra de teatro do grupo O Bordelo: “O Covid do mariñán”, escrita por Francisco Piñeiro. A función comezará ás 20:30H no salón de actos do Concello de Cervo.
Por último, o 8 de xaneiro a arte volve ter cabida coa actuación do mago Dani García ás 12:30H na Praza do Souto. Dende o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nas actividades programas e a gozar destas festas no municipio.