O Vicedo animará esta fin de semana con actividades para a veciñanza

Haberá un concurso de pinchos onde os propios comensais poderán votar polo pincho favorito e participar nun sorteo final dunha "freidora" de aire.

Praia de Arealonga, no Vicedo / turismo.gal

Esta fin de semana haberá 2 actividades no Vicedo. Mañá venres ás 20h a orquesta de corda do conservatorio profesional de Viveiro e o Coro de nenos do CEIP do Vicedo darán un concerto na Casa da Cultura do Vicedo.

E o venres pola noite e sábado tamén pola noite primeira fin de semana da XIII edición da Ruta de Pinchos coa participación nesta primeira fin de semana dos locais do núcleo do Vicedo e Xilloi. A segunda parte, na seguinte fin de semana, participarán os locais de San Román e Abrela. Hai tamén un concurso de pinchos onde os propios comensais poderán votar polo pincho favorito e participar nun sorteo final dunha “freidora” de aire.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here