Ao redor das 10,20 horas, os os servizos sanitarios solicitaron ao 112 Galicia a cooperación doutros servizos de emerxencias para evacuar a unha persoa no concello do Vicedo. Esta participaba nunha carreira e sufriu unha indisposición a varios centos de metros do Fuciño do Porco. A ambulancia só podía achegarse ata o aparcadoiro deste miradoiro.
Por tanto, o 112 coordinou a acción dos Bombeiros de Viveiro, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez finalizada a intervención, os efectivos dos Bombeiros confirmaron que a persoa foi trasladada ao Hospital de Burela.