InicioOccidentalO VicedoMércores de Natureza no Vicedo realizará un percorrido pola praia das Catedrais

Mércores de Natureza no Vicedo realizará un percorrido pola praia das Catedrais

Publicada o

- Advertisement -

Un dos obxectivos dos mércores de natureza é dar a coñecer non só o noso concello senón tamén as virtudes da nosa comarca, A Mariña de Lugo. Esta semana os mércores de natureza desprázanse a un entorno natural impresionante, a zona da praia das Catedrais, Rinlo e Ribadeo, seguindo o itinerario do Camiño Natural do Cantábrico, sempre pegado á costa, aínda que en sentido contrario ao habitual, para aproveitar a marea baixa da mañá e poder disfrutar das Catedrais.

O percorrido é duns 20 km moi planos, sempre ao lado da costa e que se fará ao longo de todo o día porque saímos en tren ás 10h do Vicedo, para iniciar a ruta ás 11h aproximadamente e regresaremos no tren que sae de Ribadeo ás 18:40h. Anotacións en 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org

-- 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...