InicioOccidentalO VicedoNova edición do concurso de figuras na area no Vicedo

Nova edición do concurso de figuras na area no Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

O Vicedo acolleu o concurso de figuras de area este pasado venres. A nova edición celebrouse na praia de Abrela cun total de 26 participantes en categorías de infantil a adultos e con premios para os dous primeiros clasificados.

Na categoría de 3 a 5 anos quedaron segundas clasificadas Mariña (3 anos) e Carmela (5 anos) con “Castillo Mariña” e Mario (4 anos) gañou o primeiro premio con “Mosi”.

Na categoría de 6-10 anos os segundos clasificados foron Mario (8 anos), Marina (8 anos) e Alex (3 anos) con “MMA”. Neste caso Lara (7 anos) alzouse coa victoria con “Pirámide Lara”.

Na penultima categoría, 11-16 anos, Julian e Anaïs, ambos con 15 anos de idade, quedaron segundos clasificados coa “Sirena Anaïs” e Celia (11 anos), Aroa (12 anos) e Lara (9 anos) gañaron o primeiro premio con “Isla Tortuga”.

Na categoría de adultos Alba e María Teresa foron as segundas clasificadas con “Vicedo Booguey” e Hector e Albert conseguiron o primeiro premio con “Cangrejo Ermitaño”. A organización agradece a participación do público e do xurado.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...