InicioOccidentalO VicedoO BNG da Mariña reclama cobertura total do servizo médico no Centro...

O BNG da Mariña reclama cobertura total do servizo médico no Centro de Saúde do Vicedo

“Queda claro que esta atención primaria non é de calidade e moito menos non é a que merecen os veciños dos tres concellos” afimou o deputado do BNG, Daniel Castro.

Publicada o

- Advertisement -

Na mañá de hoxe, o concelleiro do BNG no Vicedo, Miguel Gómez, xunto co deputado no Parlamento Daniel Castro e membros da formación na localidade fixeron públicas as iniciativas que levarán ao pleno que a corporación municipal vicedense celebra a próxima semana diante da grave situación á que o SERGAS está sometendo á poboación coa falta de médico e ao non cubrirse o servizo totalmente, xa que logo das protestas veciñais cubriuse parcialmente, tal como afirmou o portavoz do Bng no Vicedo, Gómez Fraga: “os veciños e veciñas estamos a sufrir as eivas da precaria situación que atravesa a nosa atención primaria coa falta de médico no noso centro de saúde, que só cubriron parcialmente, provocando graves inconvintes á veciñanza que ven como non lles é posible facer trámites cotiáns e necesarios coma analíticas, receitas, tramitación de altas, consultas….”


Pola súa banda, o deputado mariñao Daniel Castro vén de rexistrar no Parlamento diversas iniciativas ao respecto, demandando á Xunta de Galiza a cubrir o servizo de médico sempre e non parcialmente no Vicedo, así como ofrecer o servizo de pediatría de forma continuada no PAC de Viveiro, ao que está escrio o concello de O Vicedo.

Veciños de O Vicedo percorrendo a comarca na procura de atención sanitaria

Os representantes do BNG fixeron denunciaron tamén que nos últimos días os veciños e veciñas do Vicedo tiñan que percorrer media comarca da Mariña en busca de atención, xa que, desde O Vicedo derívanos a Viveiro, mais a situación volvese repetir, xa que tampouco hai médicos, sendo o seguinte paso Burela, que sufre os efectos de que O Vicedo, Ourol e Viveiro teñan que colapsar o Hospital.

“Queda claro que esta atención primaria non é de calidade e moito menos non é a que merecen os veciños dos tres concellos” afimou Daniel Castro, que sinalou tamén que o PP segue a facer saltar polos aires a atención primaria en toda a comarca, destruíndo paulatinamente este servizo, e poñendo en risco a usuarios e profesionais.

Mobilización o domingo 26 de novembro ás 11:30 diante do Centro de Saúde


Desde o BNG fan tamén un chamamento á poboación a participar na mobilización do vindeiro domingo día 26 ás 11:30 diante do Cento de Saúde de O Vicedo, convocada polo colectivo de asociacions do concello e máis pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...