InicioOccidentalO VicedoDúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Unha delas tivo que ser trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de vía ocorrida na LU-862, no concello lucense de O Vicedo.

Segundo informa o 112 Galicia, foron varios os particulares os que chamaron á central de emerxencias pouco antes das 16,00 da tarde para alertar deste accidente ocorrido na parroquia de Suegos. Ademais, indicaban que polo menos unha persoa parecía ter dificultades para abandonar o coche.

Seguidamente, o 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, que comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Así mesmo, pasouse o aviso aos bombeiros, que tiveron que liberar a un dos feridos, que logo foi evacuado ata o Chuac da Coruña. O outro afectado foi atendido no lugar dos feitos. Tamén se avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros de Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento das estradas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...