- Advertisement -
Unha concentración de veciños do Vicedo este domingo reclamou á Xunta e ao SERGAS a reposición de profesionais médicos no centro de saúde do concello.
Denuncian que nunha rolda de méritos sen exame, o goberno autonómico só admitía unha praza para O Vicedo. Aínda así, dita praza tería que estar publicada no DOG co nome da persoas correspondente. Dito nome aínda non foi publicado.
Por outra parte, existe o temor que algúns profesionais non queiran tomar posesión da súa praza como médico quedando bacante.