Sendeirismo nocturno e música. Esta é a oferta cultura do Vicedo para esta semana que comeza con actividades este 14 de xullo.
Así, ás 20.00 horas haberá música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo “Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita”. Un espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito.
Ás 22:30h dese día, mércores, haberá unha ruta nocturna que parte da zona da Ponte sobre o Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 €. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org.