O Vicedo acolle este venres unha marcha contra o peche da súa última oficina bancaria no municipio

O alcalde denuncia o "desmantelamento" de servizos no municipio.

Jesús Novo. AXM

O Concello do Vicedo promove unha marcha que se celebrará este venres, 16 de xullo, contra o peche da última oficina bancaria do municipio, unha sucursal de Abanca.

O alcalde do Vicedo, o popular Jesús Novo, convocou un pleno extraordinario para o venres co fin de que a corporación –formada por seis concelleiros do PP e tres do PSOE– aprobe unha declaración conxunta contra a clausura desta sucursal.

Tras a celebración do pleno –que comeza ás 11,00 horas–, partirase en manifestación ata a localización da sucursal, nunha protesta á que chaman a participar aos veciños.

O alcalde destaca a “unanimidade” da corporación para condenar o “desmantelamento” de servizos no municipio. En concreto, esta oficina bancaria trasládase A Covas, no Concello de Viveiro.

“En realidade non é un traslado, senón que se marchan de aquí. En principio ían pechar o caixeiro automático tamén, pero agora vano a deixar tres meses máis”, afirma o rexedor. Anteriormente, o Santander pechou tamén unha oficina no municipio.

Finalmente, Jesús Novo advirte que estudarán deixar de facer operacións con Abanca se finalmente desmantélase” esa sucursal do Vicedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here