Feijóo e o alcalde do Vicedo tratan a reforma do CEIP e do campo de fútbol

O alcalde tamén mostrou o seu interese por asinar coa Xunta un convenio de colaboración para a implantación dun caixeiro automático.

José Novo e Núñez Feijóo/EP

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse co alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, para abordar diferentes melloras de infraestruturas viarias e educativas.

Así, tratáronse as reformas previstas no CEIP O Vicedo, por importe duns 237.000 euros, que inclúen a substitución da carpintaría exterior e da cuberta, así como as obras dos aseos, entre outras, e que se prevé licitar o ano vén.

Asimimo, o titular do Executivo galego trasladou ao rexedor a intención de estudar un posible cofinanciamento das reformas do campo de fútbol.

Durante o encontro, o alcalde tamén mostrou o seu interese por asinar coa Xunta un convenio de colaboración para a implantación dun caixeiro automático ante o peche da última sucursal existente no municipio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here