InicioOccidentalO VicedoRescatan a unha muller que sufríu unha saída de vía con voltas...

Rescatan a unha muller que sufríu unha saída de vía con voltas de campá no Vicedo

Os bombeiros tiveron que prestarlle axuda para saír do vehículo, e foi trasladada polos servizos sanitarios.

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller foi auxiliada polos equipos de emerxencia este xoves ao sufrir co coche que manexaba unha saída de vía con varias voltas de campá no municipio do Vicedo. Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 12,00 horas o servizo de emerxencias recibiu a chamada dunha persoa particular que informou dun vehículo que acababa de dar varias voltas de campá na estrada comarcal LU-862, sobre o punto quilométrico 77, en San Román.

Unha vez recollidos os datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.

No lugar dos feitos, os Bombeiros confirmáronlle ao 112 que a persoa non estaba atrapada no interior do turismo, pero que tiveron que prestarlle axuda para saír do mesmo. Finalmente, a muller foi trasladada polos servizos sanitarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...