O Vicedo prepara o descenso do río Sor en kayak para este mércores

En caso de quedar xente sen teren feito o descenso, o día 1 de setembro está prevista unha nova baixada ás 16h.

Descenso do Sor en kayak

O Concello do Vicedo organiza o descenso do río Sor en kayak para este mércores ás 10:30 da mañá.

O punto de encontro para iniciar o percorrido será no Porto do Barqueiro. Desde a Casa da Cultura do Vicedo apuntan que xa quedan moi poucas prazas dispoñibles. Aínda así, organizarase outra baixada do Sor o mércores día 1 de setembro, mais ás catro da tarde.

A ruta que ofrece o río Sor é das máis tradicionais para percorrer en kayak. Mais os organizadores aseguran que é unha das experiencias máis intensas do verán no Vicedo, ademais de ser das máis divertidas.

As inscricións poderanse realizar chamando ao número 982 59 01 95. De 10h a 14h e de 19h a 21h.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here