Animación á lectura no Vicedo dentro do programa “Ler Conta Moito”

O acto será o xoves 30 ás catro e media da tarde no Salón de Actos da Casa da Cultura.


A Casa da Cultura do Vicedo, dentro do seu programa “Ler Conta Moito”, trae unha nova actividade de animación á lectura entre os máis pequenos.

O acto será o xoves 30 ás catro e media da tarde no Salón de Actos da Casa da Cultura. Será a actuación do clown Moc Moc, que como sinala no seu cartel é “un clown para o que os roles entre homes e mulleres non están marcados”.

Así, mostrará que as tarefas domésticas non son aborrecidas ademais de que deben repartirse entre todos. Todo isto con malabares, equilibrios e moito humor en directo.

A entrada é gratuíta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here