InicioOccidentalO VicedoO Vicedo programa para este xoves a peza de teatro infantil "A...

O Vicedo programa para este xoves a peza de teatro infantil “A Caixa sen Pandora”

A obra representarase o xoves día 7 de outubro a partir das 16:45h na Casa da Cultura do Vicedo con entrada gratuita.

Publicada o

- Advertisement -

As actividades socioculturais no Concello do Vicedo continúan nesta ocasión con teatro infantil a cargo de Ghazafelhos Teatro

A compañía presentará a obra “A Caixa sen Pandora”. Será este xoves día 7 a partir das 16:45h na Casa da Cultura do Vicedo con entrada gratuita. “A caixa sen Pandora” é unha historia protagonizada por Montse Piñón e Pepablo Patinho que nos lanza unha pregunta: Que pasaría se Pandora non chegase a abrir a caixa?

Esta obra de Teatro Ghazafelhos relaciona a lenda de Pandora coa loita pola igualdade das mulleres. Trátase dun repaso divertido das distintas mulleres universais en xeral, e galegas en concreto, que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade. Despois de todo, queremos nós abrir a nosa propia caixa?

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...