A curtametraxe “Jakobsland” presentarase en Santiago o vindeiro 12 de marzo na Cidade da Cultura. É a primeira curtametraxe galega que se cofinanciará a través da venda de Tokens de utilidade e NFT. Tokenizar unha curtometraxe supón unha grande alternativa aos métodos tradicionais de financiar producións artísticas xa que implican no proceso a toda a comunidade.
Jakobsland é un proxecto audiovisual de Queiman e Pousa, dirixido por Roque Cameselle que nace froito da conmemoración, cada ano, da chegada dos viquingos a O Vicedo. Unha historia conmovedora: épica, emotiva, entretida e además, permite coñecer unha parte da nosa riqueza cultural bastante descoñecida e pouco tratada polo cine español.
Reparto: Isabel Blanco, Alfonso Agra, Serxio Pazos, Bruxo Queiman, Andrea Pousa e a presencia de actores internacionais como Paul Kavanagh, actor de Vikings e de Xogo de Tronos e participante activo en máis dunha ocasión na Romaxe Viquinga; Tim O’Sullivan, actor de Xogo de Tonos e Viking Empire.
SINOPSE
“Galicia, ano 968. Unha muller rescata a un normando malferido entre os restos dun naufraxio. A pesares das reticencias dos señores da cidade, dalle acubillo na súa casa. Ela non o sabe, pero o extranxeiro garda un segredo que pode salvar o seu pobo.”
O patrocinador oficial é O Concello de O Vicedo. Tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Fundación Mondariz-Balneario, Red Mundo Atlántico, Concello de Mañón e de diferentes establecementos locais como Restaurante Casa Fanego, empresarios e institucións comprometidos coa cultura e coas raíces.