Un macroaparcadoiro para atraer máis turistas ao Fuciño do Porco

O rexedor agarda que estea xa aberto o vindeiro martes, aínda que sexa, "con sinais artesanais".

Lugar onde está o macroaparcadoiro do Fuciño do Porco / remitida

O Fuciño do Porco vai camiño de converterse no centro do turismo do Vicedo Por iso, o alcalde do Vicedo,  Jesús Novo, non escatima en esforzos para adecentar a zona. A última obra, un gran aparcadoiro que case está finalizado, a falta duns sinais que poderían chegar o vindeiro martes. “Se non chegan a tempo, faremololos artesanais, que tamén valen”, advirte o rexedor.

Inicialmente, o aparcadoiro non ten custo algún, pero no verán si cobrarán, porque porán baños, información e poderanse facer reservas. O aparcadoiro ten espazo para albergar entre 145 e 150 turismos, aínda que o rexedor quixo sinalar que “iso depende de como se axusten, xa que uns non aparcamos igual que outros”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here