InicioOccidentalO VicedoBanda deseñada para explicar a memoria histórica no Vicedo

Banda deseñada para explicar a memoria histórica no Vicedo

O Vicedo acolle o segundo acto das xornadas "Memoria dun tempo"

Publicada o

A Mariña prepárase para outro dos seus pratos culturais nesta recta final do verán. O segundo acto das XII Xornadas “Memoria dun tempo” terá lugar este venres 26 ás 7 da tarde na Casa da Cultura do Vicedo.
Para esta ocasión Nordés fai unha proposta de debate sobre a relación entre a literatura, a Memoria Histórica e a Banda Deseñada convidando para isto a dúas persoas que dentro do seu campo profesional levan feito iniciativas artísticas nos que eses tres conceptos se mesturan maxistralmente.
Así, por un lado contarán con Paula Carballeira Cabana, actriz, escritora, e da que destacan dentro do seu extenso catálogo multidisciplinar o seu traballo como guionista da obra de teatro “As alumnas” sobre María Barbeito, mestra e pedagoga represaliada polo franquismo.
Compartindo mesa estará o editor, ilustrador, guionista, etc, Manel Cráneo, cunha longa produción de banda deseñada da que destacamos a colección sobre a vida de Castelao, a novela gráfica biográfica de Carvalho Calero, ou a esperadísima “A nosa cinza” de Xavier Alcalá, un proxecto que está a piques de saír do prelo.
E Manel Cráneo será precisamente quen levará adiante o obradoiro sobre Memoria Histórica e Banda Deseñada que terá lugar o sábado dende as 11 da mañá á 1 da tarde na mesma Casa da Cultura do Vicedo, aberto á partipación previa anotación por whatsapp no 628566900 ou por correo electrónico mandando mensaxe a este enderezo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...