As intensas choivas e as nevadas das últimas horas complicaron a situación nas estradas de Galicia, especialmente na provincia de Lugo onde se tivo que cortar a vía provincial LU-P-3806, no tramo entre Ourol e a parroquia de Sixto, tras afundir unha parte do asfalto.
Segundo trasladou a Deputación de Lugo nun comunicado, as últimas precipitacións fixeron que afunda un lateral da vía. Os técnicos provinciais están a traballar nunha avaliación tanto técnica como económica para determinar os danos sufridos e reducir ao máximo o corte da estrada.