InicioOccidentalOurolOurol, o concello que perdeu dous concelleiros consecuencia da "Galicia baleira"

Ourol, o concello que perdeu dous concelleiros consecuencia da “Galicia baleira”

Publicada o

- Advertisement -

Ourol perdeu dous concelleiros da súa corporación municipal como consecuencia da perda dun habitante en 2022 que baixou o censo de 1.000 a 999 persoas. Para estas últimas eleccións municipais, Ourol contou con 19 habitantes menos que en 2019.

Por non chegar ou superar os 1.000 habitantes rebaixouse a representación de nove a sete concelleiros. Segundo narraba o alcalde José Luis Pajón a comezos de 2022: “Tiñamos 1.001 veciños, mais o 1 de xaneiro de 2022 faleceu unha persoa e outra trasladouse a Almería”.

A lectura deste acontecemento son as consecuencias da “Galicia Baleira”, a perda de poboación en concellos rurais. Isto poderá repetirse noutros lugares da Mariña se o censo diminúe, algo que puido acontecer tamén no Valadouro.

O reto agora é que o rural se transforme nun polo de atracción para persoas con novas oportunidades e novas iniciativas. Queda en mans dos alcaldes e alcaldesas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...