InicioOccidentalOurolVolve o Festival Aturuxo de Bravos, en Ourol

Volve o Festival Aturuxo de Bravos, en Ourol

A organización tamén ten previsto un servizo de transporte desde a estación de autobuses de Viveiro ata a parroquia ourolesa.

Publicada o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para impulsar unha nova edición do Festival Aturuxo de Bravos. Esta cita, que reunirá o vindeiro 10 de xullo a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional, contará cunha achega de preto de 10.000€ da institución provincial.

Este festival, que xa vai pola súa novena edición e que non puido celebrarse o ano pasado por mor da pandemia, contará cun intérprete de linguaxe de signos e está organizado pola Asociación Cultural Aturuxeiros. A cita musical terá unha zona de acampada gratuíta e a organización tamén ten previsto un servizo de transporte desde a estación de autobuses de Viveiro ata a parroquia ourolesa de Bravos.

“Gracias a este convenio apoiamos unha cita que pon en valor a nosa cultura, que é inclusiva, porque será accesible tamén para persoas con discapacidade auditiva e que xa é todo un referente na nosa provincia”, sinalou Tomé Roca a través dun comunicado.

O Presidente provincial destacou a importancia que ten este tipo de eventos para dinamizar a vida social e económica dos concellos do rural e animou á veciñanza da provincia a participar nesta actividade musical “porque a cultura é segura e porque é o momento, con todas as precaucións debidas e con toda a prudencia, de recuperar pouco a pouco a normalidade”, dixo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...