InicioOccidentalOurolO alcalde de Ourol denuncia que o municipio non ten médico desde...

O alcalde de Ourol denuncia que o municipio non ten médico desde hai dous días

O rexedor, José Luis Pajón, explicou que o facultativo que atendía aos 1.000 veciños e veciñas do Concello actualmente está de baixa, “e como só temos asignado un médico, agora estamos sen ningún profesional que atenda aos doentes”.

Publicada o

- Advertisement -

O Alcalde socialista de Ourol, José Luis Pajón Camba denunciou este mércores que durante esta semana o centro de saúde do Concello estivo sen médico para atender á veciñanza durante dous dias, en concreto este pasado martes e este mércores.

Esta situación tamén se deu o xoves da semana pasada. O rexedor explicou que o facultativo que atendía aos 1.000 veciños e veciñas do Concello actualmente está de baixa e seguirá así varios meses, “e como só temos asignado un médico, agora estamos sen ningún profesional que atenda aos doentes”.

O Alcalde, diante desta situación, púxose en contacto co responsable da area sanitaria da provincia, Ramón Ares, “quen nos comunicou claramente que non había médicos e que supliría esta vacante día a día, co fin de cubrir o servizo”. “Esta é a resposta do PP diante deste panorama, nin soluciona o problema nin aporta solucións. Esta é a súa política”, advertiu.

O rexedor criticou a situación de desatención e desamparo que sofren os seus veciños e veciñas. Nesa liña puxo como exemplo o que aconteceu onte mesmo (martes día 12), no centro de saúde “ao que acudiu unha veciña de idade de avanzada, acompañada da súa filla, que caeu e tivo que ser trasladada ao centro de saúde de Viveiro, do que hai que lembrar que tamén está saturado, tal como xa se leva denunciado insistentemente”, replicou.

“Por todo isto quero denunciar toda esta situación -dixo Pajón- é unha vergoña que coa xente maior que hai en Ourol, que máis do 50% son maiores de 65 anos, esteamos sen médico. Esta situación é incomprensible no ano 2022”. “Non entendemos tantos recortes nunha cuestión tan importante como é sanidade pública, un servicio esencial. Aquí isto esta fatal”, resumiu o rexedor.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...