Un operario resultou ferido cando manexaba unha máquina para compactar terreo nun camiño do lugar de Toxoso, na parroquia de Ambosores, do municipio de Ourol. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home saíu despedido mentres manexaba o aparello e tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa, en Burela.
En concreto, o suceso tivo lugar sobre as 13,30 horas deste mércores. Nese momento, o 112 Galicia recibiu o aviso da situación do operario a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, nada máis recibir a alerta, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención da Garda Civil e de Protección Civil de Ourol.